Conversa con Branca Villares: pasado, presente e futuro da cultura tradicional
- Felisa Redondo Valín

- 11 ene
- 1 Min. de lectura
"A cultura é nosa, somos nós as que facemos a cultura."XIANA GARCÍA GARCÍA E TEGRA ROMEO VEIGA
Cando se fala da recollida e divulgación da cultura musical galega non podemos evitar pensar en Branca Villares, cantareira e divulgadora luguesa. Moitas de nós coñeciámola por obradoiros, concertos, charlas ou xornadas que ela impartiu.

Hai pouco tivemos a sorte de poder entrevistala para o espazo radiofónico escolar En un Tic con los Poetas Insomnes. Non puido ser máis oportuno ao dedicárselle este ano as Letras Galegas ás cantareiras e á tradición oral, ámbitos onde Branca leva anos investigando e divulgando.
Nesta conversa cóntanos dende como se iniciou neste mundo da música tradicional e quen foron as súas referentes ata que perspectiva ten do futuro da conservación e transmisión destes valores.




Comentarios